CRTVG

Buscar

Saídas a segundas residencias, só dentro da mesma provincia

Publicado o 16/05/2020 14:47

 A Garda Civil situou un dos puntos de control na saída da autoestrada AP-9 en Cabanas. Asegúrase de que as viaxes están xustificadas e que os desprazamentos ás segundas residencias son sempre dentro da mesma provincia.

 Cabanas ten algo máis de tres mil habitantes, vive sen franxas horarias e, polo momento con moita tranquilidade. Nesta pequena urbanización están os de sempre e tres ou catro familias máis, que chegaron desde Ferrol e A Coruña.

 Esta terraza a pé de praia abriu hoxe por primeira vez desde o inicio da crise. En principio só funcionará as fins de semana. Non conta coa chegada de moitos deses veciños de segunda residencia. Agarda que a negocio mellore no verán.

Noticias web

16/05/2020