CRTVG

Buscar

Sae o primeiro catálogo de Artesanía Galega

Publicado o 26/09/2019 15:41

Artesanía de Galicia xa ten o seu primeiro catálogo, que recolle algúns dos traballos dos máis de 600 artesáns rexistrados na comunidade. O obxetivo é promover produtos de proximidade, feitos á man, sostibles e competitivos. Abarca desde roupa e menaxe ata instumentos musicais.

A directora xeral de Comercio presentou o primeiro catálogo da marca Artesanía Galega, en que 66 dos máis de 630 artesáns rexistrados na comunidade amosan seus produtos. A idea é facer un catálogo cada ano para difundilo en hostalería, restauración, comercios e postos de turismo.

Sol Vázquez, directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia: "O que ser fai é unha seleccion de pezas e a nosa vontade é ir rotando para que todos os artesáns poidan estar reflectidos nun ou notro catálogo", dixo Sol Vázquez, directora xeral de Comercio.

A iniciativa súmase ás axudas da Consellería de Industria para obradoiros e para fomentar a presenza en feiras dos artesáns. Segundo o directora xeral, a artesanía estase poñendo en valor como mercado sostible en todo o mundo e tamén en Galicia. "O propio mercado entende que hai un valor no feito á man, na artesanía, no produto local, nos nosos artesans. A xente valora o personalizado, o non global", explicou a directora xeral.

O catálogo inclúe a descrición dos produtos que amosa e o contacto dos artesáns que os venden.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019