CRTVG

Buscar

Sae ileso o condutor dun turismo que caeu ao mar este sábado en Carril

Publicado o 02/05/2020 22:28
Sae ileso o condutor dun turismo que caeu ao mar este sábado en Carril

Un turismo que circulaba pola rotonda de acceso a Carril, no centro da localidade vilagarciá, fronte á illa de Cortegada, saíu da vía esta noite e caeu ao mar. A fortuna aliouse e non alcanzou a ningunha persoa no paseo marítimo. Ademais, a marea estaba baixa polo que o condutor duns 30 anos non sufriu danos de consideración.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros, a Policía Local de Vilagarcía e unha ambulancia do 061, que axudaron ao home a saír do vehículo e prestáronlle auxilio.