CRTVG

Buscar

Sae adiante a moción de censura en Sobrado dos Monxes nun tenso pleno con berros e apupos

Publicado o 12/04/2018 14:39

Un ano despois, o concello de Sobrado dos Monxes volve a mans dos socialistas. Unha moción de censura apoiada por un concelleiro que fora nas listas do PP fíxolle perder o cargo a quen ata hoxe era a alcaldesa. Foi en medio dun pleno moi tenso.

Minutos antes de iniciarse o pleno xa se palpaba a tensión en Sobrado. Os veciños que acudiron á cita fixérono para apoiar a alcaldesa, María Jesús García, do grupo. Todos Por Sobrado.

Poñíase en cuestión a legalidade do pleno pola presenza da secretaria do concello, quen a poucos días de xubilarse debía estar de vacacións.Así os momentos de tensión sucedéronse, coa intervención da Garda Civil en varios momentos.

A moción contaba co apoio de catro concelleiros socialistas, e un máis que fóra nas listas do Pp, pero que non se incorporou ao seu grupo cando cesou o que fóra cabeza de lista dos populares.

Finalmente a moción votouse, e saíu adiante con sete apoios, incluídos os do PP que hai un ano apoiran a candidatura da alcaldesa. Desta forma Lisardo Santos volvía á alcaldía.

Esta moción terá a súa continuidade nos tribunais e nas eleccións municipais do próximo ano.

O secretario provincial do PSdeG na Coruña di que a moción de Sobrado ten sentido

Sobre esta moción de censura tamén falou hoxe o secretario provincial do PSdeG na Coruña. Valentín González Formoso di que non é partidario delas, pola repercusión que teñen sobre a cidadanía. Pero engadiu, que neste caso concreto, si ten sentido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/04/2018