CRTVG

Buscar

Sábado de calor abafante

Publicado o 12/09/2020 21:20

Non están acostumados na costa a pasar tanta calor.

Unha calor excepcional nas Rías Baixas que chegou aos 39 graos en Redondela, a máxima de Galicia e xunto con Sevilla tamén a de España.

Baños nos ríos que saben a gloria, e é que, a dez días para o outono, quizais sexan os últimos deste extraño 2020.

Pero co tempo xa se sabe, uns exprimindo o verán e outros desexando que veña o fresco.

Mañá aínda poderán despedirse do sol nas praias e nos ríos, o luns, xa si, vén a choiva.

Noticias web

12/09/2020