CRTVG

Buscar

Piden máis puntos de recollida para as nais doadoras de leite

Publicado o 16/11/2019 17:22

 

 

Un bebé prematuro é o que nace con menos de 37 semanas de xestación. Danse quince millóns de casos ao ano no mundo, deles 28.000 en España. As cifras van en aumento pero tamén as taxas de supervivencia, grazas aos avances médicos. 

Unha das ferramentas clave para que os nenos prematuros se desenvolvan adecuadamente é a lactación materna, directa da nai ou con leite doado.


Miriam, que ten tres fillos, nados todos a termo, é doadora do banco de leite de Santiago e pide que se facilite a recollida ás nais que queiran colaborar.

Os expertos tamén desexan que o seguimento e apoio aos nenos nados prematuros se estenda máis anos do que se fai actualmente, para ofrecerlles unha boa adaptación curricular, atención temperá ou fisioterapia.

 

Noticias web

16/11/2019