CRTVG

Buscar

Rusia anuncia que aprobou a primera vacina contra o coronavirus

Publicado o 11/08/2020 14:53

Esta mañá Rusia rexistrou a primeira vacina contra o coronavirus. Anunciouno o presidente Vladimir Putin, que ademais asegurou que en breve vai ser producida en masa polo Centro Nacional de Investigacion de Epidemioloxía Gamaleya.

Continuarán as probas clínicas, en que participarán milleiros de persoas. A vacinacion realizarase de xeito voluntario. A vacina foi creda de xeito artificial, sen elementos do coronavirus na súa composición. Preséntase lifofilizada para ser administrada por vía intravenosa.

A Organización Mundial da Saúde recibiu a nova con cautela. Subliña que, como todas, a vacina deberá de seguir os trámites que marca o organismo e que acelerar os progresos non debe de significar comprometer a seguridade.

O 18 de xuño empezaron as probas con 20 persoas. Putin asegura que as súas fillas xa a probaron. As autoridades rusas avanzaron que os traballadores sanitarios recibirán as primeiras doses e que a campaña de inmunización empezará a finais de mes.

É unha nova que se anuncia cando o mundo supera os 20 millons de infectados. Rusia é o cuarto país en número de contaxios con case 900.000 casos confirmados. Onte diagnosticáronse preto de 5.000 novos casos.

 








 

Noticias web

11/08/2020