CRTVG

Buscar

Rusia advirte os EUA do catastrófico dunha intervención militar en Venezuela

Publicado o 05/05/2019 21:21

Encontro esta tarde en Moscova do Ministro de Asuntos Exteriores ruso, Serguei Lavrov, e o seu homólogo venezolano, Jorge Arreaza.

O xefe da diplomacia rusa instou os Estados Unidos a renunciar ao que cualificou de "plans irresponsables" en Venezuela e a "actuar dentro dos límites do dereito internacional".
Jorge Arreaza agradecía o apoio de Rusia a Maduro.

"Un saúdo afectuoso do presidente Nicolás Maduro ao presidente Vladimir Putin, que foi tan consecunete co dereito internacional, coa soberaía de Venezuela, cos principios básicos para que o mundo viva en paz civilizadamente".

Desde Rusia advirten de que unha intervención armada tería "consecuencias catastróficas" para o sistema de seguridade internacional.

A reunión prodúcese cando Washington aumenta a presión sobre o réxime de Maduro tras o intento frustrado da oposición de impulsar un levantamento militar.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/05/2019