CRTVG

Buscar

Rufián cobra case 86.000 euros como deputado, máis que Pedro Sánchez

Publicado o 25/06/2019 07:49

Gabriel Rufián cobra case 86.000 euros ao ano como deputado. O voceiro de Esquerra Republicana no Congreso acaba de publicar a modificación da súa declaración de bens, en que se pode comprobar que o seu salario é tres mil euros maior ca o de Pedro Sánchez. Isto débese, precisamente, a que exerce como voceiro, ademais de ser deputado, e á súa participación en varias comisións.

Na declaración tamén figura unha hipoteca de 200.000 euros, dos que pagou menos de catro mil, un préstamo de 80.000 euros e unha vienda en propiedade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019