CRTVG

Buscar

Rubén entra na lista de 24 do Celta para xogar contra a Real

Publicado o 31/10/2020 13:48

Rubén Blanco é a principal novidade na lista de convocados do Celta para o partido do domingo (16:00 horas) diante da Real Sociedade. 

Óscar segue a apostar por unha lista longa na que volve a contar con cinco xogadores do filial (Fontán, Gabri Veiga, Miguel Rodríguez, Sergio CArreira e o terceiro porteiro Álvaro Fernández). 

Son baixa por lesión Sergio Álvarez e os dous laterais do primeiro equipo, Hugo Mallo e Kevin. 

Noticias web

31/10/2020