CRTVG

Buscar

Ruben ou Sergio, a dúbida para Butarque

Publicado o 07/12/2019 14:17

Os dous porteiros pelexando por un posto mentres na defensa non semella que haberá variacións...o centro do campo é unha liña na que se agardan, alomenos, un par de trocos, quen sabe se Okay Yukuslu terá unha oportunidade... e arriba Gabriel Fernández podería acompañar a Iago Aspas porque o técnico agarda un partido moi físico. Todo, na semana máis difícil de Santi Mina, pescozóns dos seus compañeiros no seu vixésimo cuarto aniversario e gabanzas dos seu técnico.

Óscar García: "Santi Mina adestrou moi ben esta semana. Vai ser un partido moi físico. Debemos xogar igual na casa que fóra. Os reforzos serán benvidos. Todos os partido son como finais"

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2019