CRTVG

Buscar

Rubén de la Barrera, novo adestrador do Deportivo

Publicado o 12/01/2021 21:01

Rubén de la Barrera é xa oficialmente o novo adestrador do Deportivo. Así o confirmaba o club herculino esta mesma tarde. O técnico coruñés asinaría o seu contrato ata xuño de 2021 con renovación automática en caso de que consiga o ascenso a Segunda división. Mañá dirixirá o seu primeiro adestramento en Abegondo e debutara o vindeiro domingo ante o Salamanca.

Rubén de la Barrera, que fai 36 anos o vindeiro luns, triunfou na Cultural Leonesa, adestrou o Guijuelo, en Qatar e o seu último equipo foi o Viitorul de Romanía.

Noticias web

12/01/2021