CRTVG

Buscar

Rubén Blanco aséntase como porteiro titular do Celta

Publicado o 17/01/2019 16:07

Prevense cambios no Celta para recibir o Valencia. Miguel Cardoso estudou durante esta semana a posibilidade de que a parella de centrais sexa a formada por Okay e Nestor Araújo. Aínda que o turco non se adestrou esta mañá. Ten un golpe nun pé. Dubida para o sábado. Unha medida para rebaixar a fraxilidade defensiva do Celta en que unicamente se salva o meta Rubén Blanco.

O Celta precisa un bo resultado para endereitar un rumbo que non cumpre as expectativas nin contenta a afección. A chegada de Cardoso trouxo con el unha nova oportunidade para Rubén baixo os paus. Pero o de Mos, home de club, non está contento.

Heroe do celtismo desde a agónica salvación de 2013, cando debutou sendo un rapaz, a súa titularidade ten máis valor despois do calvario de lesións que lle impediu ter continuidade ata agora. Polo momento, leva seis partidos como titular, e sumando.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2019