CRTVG

Buscar

Rúas ateigadas no centro das cidades grandes nunha fin de semana de compras

Publicado o 29/11/2020 15:29

Sen apenas turistas, así estaban as rúas do centro de Madrid na primeira fin de semana de alumeado de Nadal.

Ateigadas de persoas, sen apenas espazo entre elas, malia as restricións pola pandemia do coronavirus. Unha situación similar á que se vivía noutras cidades grandes como Bilbao ou Valencia, onde as compras polo Black Friday tamén encheron de xente as rúas máis comerciais.

Só as máscaras diferenciaban estas imaxes das de anos anteriores.

 

Noticias web

29/11/2020