CRTVG

Buscar

Unha zapatería, o cuarto local asaltado no Grove nunha semana

Publicado o 20/02/2019 14:09

Esta zapatería é, polo de agora, o último local asaltado no Grove. Foi o martes de madrugada. Unha persoa que pasaba pola rúa para traballar viu alguén no interior. O botín, unhas poucas moedas e o caixón. Son maiores os danos, porque o asaltante, en vez de forzar a porta principal, rompeu outra que levaba anos inutilizada.

"É a segunda vez. Preocupado polos danos que poden ocasionar. Sénteste impotente porque non hai seguridade e poden volver entrar. Puxen unha pequena alarma, encarguei outra".

A alarma non librou do asalto a esta farmacia. As cámaras de seguridade captaron un ladrón o xoves pasado dentro do local, despois de que rebentara a reixa e a porta. En menos de dez minutos presentouse a Garda Civil, pero o asaltante xa fuxira coa rexistradora e uns 150 euros. A nova propietaria aínda non leva un mes no negocio.

"Levaba 15 días e, a ver, empezamos ben. O peor é que ao día seguinte empezaba a garda e estaba sen persiana, sen porta. Sen proteccción".

Tamén as cámaras deste local de hostalería captaron tres asaltantes o luns de madrugada. Chegaron nun coche e aparcaron na porta. Rebentaron o cristal da porta e trataron de apoderarse da caixa de caudais, pero non o conseguiron, porque está ancorada no chan, e acabaron por marchar ao cabo de poucos minutos. O encargado tómao con humor.

"Querer levar unha caixa amarrada no chan empuxando tres persoas e traer unha chave inglesa non sei para que. En fin, un pouco cómico. O de entrar dáselles ben, o outro peor".

Conta con que as imaxes gravadas axuden a que a Garda Civil identifique os delincuentes.

Noticias web

20/02/2019