CRTVG

Buscar

Roubáronlle dunha nave máis de 25.000 euros en marisco en Vilamartín de Valdeorras

Publicado o 24/12/2020 14:51

El mesmo defínese coma o Papá Noel de Valdeorras, pero esta Noiteboa Fernando, ou Topi, como o coñecen por aquí, ten pouco que celebrar. Os ladróns saqueáronlle a cámara frigorífica.

El estivera por aquí ás dúas da mañá. Veu buscar un camión para recoller máis mercadoría en Ponferrada. Regresou ás cinco, pero non se percataron do roubo ata un par de horas despois, cando un empregado abriu a cámara.

Calcula que tiveron que ser, polo menos, 3 persoas, para mover tanto peso en tan pouco tempo, e que cargaron nun vehículo grande, como mínimo, di, con capacidade para 3.500 quilos.

Tras as festas, Fernando volverá ao cuartel para achegar o balance definitivo do roubo, cando complete o reconto das perdas, que cifra, como mínimo, en 25.000 euros.

Noticias web

24/12/2020