CRTVG

Buscar

Detido un dos ladróns que asaltaron un home en Muimenta para roubarlle 6.000 euros

Publicado o 22/08/2019 21:25

Este veciño de Cospeito está hoxe máis tranquilo. O presunto autor do roubo que sufriu hai oito meses está detido. É un veciño de Muimenta, de 48 anos. A vítima vive a un quilómetro e medio deste núcleo. Regresaba a casa cando dúas persoas sorprendérono.

Leváronlle os aforros que tiña e que gardaba nunha caixa na cociña.


A Garda Civil detivo ao presunto autor do roubo. A vítima teme que non vai recuperar os cartos. Só pide que non teña que volver pasar por unha situación semellante.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019