CRTVG

Buscar

Rouban unha pequena imaxe da virxe dunha igrexa de Pantón durante un enterro

Publicado o 15/03/2019 13:39

A Garda Civil investiga o roubo dunha imaxe na igrexa de San Vicente de Castillón, no concello lugués de Pantón. Trátase dunha talla da Virxe que data do século XVIII, cun valor que no mercado negro podería ascender aos 1.000 euros.

A Garda Civil investiga o roubo dunha imaxe na igrexa de San Vicente de Castillón, no concello lugués de Pantón. Trátase dunha talla da Virxe que data do século XVIII, cun valor que no mercado negro podería ascender aos 1.000 euros. 

Nesta igrexa de San Vicente de Castillón, en Pantón, roubaron unha imaxe. A talla, que ten apenas medio metro de altura e que data do século XVIII, representa unha Virxe. Botárona en falta no último funeral que se oficiou no templo. 

"Houbo un enterro de Galegos, pero eu penso que foi o día do enterro dunha veciña. Certo non o sei, porque non a vin levar. Quen abre a igrexa son o Vaca e mais o cura".

Os veciños da contorna cren que alguén puido levar a imaxe no último oficio, posto que a porta da igrexa non estaba forzada. Ademais, non viron ningún movemento sospeitoso xunto ao templo. 

"Eu non vin nada, porque normalmente estou na casa e non vin nada raro. Dunha vez que levaran unhas cousas de aí, díxenllo ao cura e el díxome que tiña que ir denuncialo. Eu díxenlle que tiña que ir el, que é o encargado de todo iso, non eu. Eu collín a matrícula do coche e deilla, pero o que levaron, tampouco o sei porque non estiven con eles".

Como consecuencia da denuncia presentada polo párroco, a Garda Civil busca pistas que axuden a dar co autor do roubo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019