CRTVG

Buscar

Rouban nunha noite en varias empresas de Lalín e Silleda

Publicado o 19/11/2019 14:51

Golpe nocturno e consecutivo de roubos. Primeiro levaron un coche e despois asaltaron unha empresa dun polígono e locais de hostalería, en Lalín e Silleda, un botín de varios miles de euros para logo fuxir.

Nunha empresa da industria frigorífica de Lalín saltaron cunha escaleira feita co enreixado para entrar nas oficinas dos empregados, onde só puideron levar os cartos da comida, e nun dos bares asaltados de Silleda forzaron a entrada e mesmo levaron a pequena recadación da cesta do Nadal.

Os axentes da Policía Xudicial seguen os pasos desta serie de roubos, na madrugada do luns, á procura de diñeiro en metálico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019