CRTVG

Buscar

Denuncian o roubo de 150 tonelada de vigas prefabricadas duns almacéns no Carballiñño

Publicado o 15/08/2019 14:04

Roubaron 125 toneladas de vigas prefabricadas de ferro e formigón no polígono de Seoane no Carballiño. O curioso do caso é que os ladróns actuaron varios días ao descuberto e a plena luz do sol.

125 mil quilos de vigas prefabricadas levaron destas naves do polígono industrial de Seone, no concello do Carballiño, segundo denunciaron na Garda Civil os actuais propietarios das instalacións.

Pois así foi segundo contan veciños de Seone que foron testemuñas do presunto e pesado roubo a plena luz do día.

Pero ninguén sospeitou de que se tratase dun roubo porque foi moi descarado, din, e porque non forzaron as portas.

Esta antiga fábrica de vigas foi mercada por unha empresa de Vigo despois do concurso de acreedores presentado polos anteriores propietarios.

A Garda Civil investiga quen e porque levaron o material de construción, valorado segundo a denuncia en 50 mil euros.

Noticias web

15/08/2019