CRTVG

Buscar

Rouban material sanitario do hospital Montecelo valorado nuns 600.000 euros

Publicado o 07/09/2020 21:27
Rouban material sanitario do hospital Montecelo valorado nuns 600.000 euros

A Policía Nacional investiga un roubo de material sanitario no hospital Montecelo de Pontevedra por valor duns 600.000 euros. Segundo fontes da investigación, os feitos ocorreron na noite do sábado ao domingo no servizo de Dixestivo do centro. A porta de acceso, da que teñen chave varias persoas, non estaba forzada. A Área sanitaria de Pontevedra-O salnés denunciou o roubo de varios endoscopios e dun procesador.

Noticias web

07/09/2020