CRTVG

Buscar

Rouban maquinaria e equipos valorados en 180.000 euros nunha canteira de Xinzo de Limia

Publicado o 20/11/2019 14:17

Uns ladróns desvalixaron unha canteira de extracción de pedra en Xinzo de Limia. En total, o botín foi valorado en máis de 180.000 euros. Roubaron motorores e bombas hidráulicas e de inxección, tamén estragaron a instalación do control remoto e os ordenadores cos que controlaban o funcionamento da canteira, ademais do material que empregaban para extraer e cargar a pedra.

Foron os traballadores da empresa, situada na localidade de Parada de Ribeira, os que descubriron o asalto nocturno cando chegaron a traballar. Para acceder ás instalacións, cortaron a cadea do valado da entrada.

A Garda Civil de Xinzo está a investigar este roubo e tamén avisou a Policía portuguesa por se venderan o material no país veciño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/11/2019