CRTVG

Buscar

Rouban flores en tumbas de varios cemiterios de Mugardos

Publicado o 10/03/2020 14:45

É o cemiterio de San Xulián de Mugardos, que canda o de Franza e o de Mehá son os camposantos eclesiásticos deste concello da comarca de Ferrol. En todos, e tamén no que hai de xestión veciñal, alguén dedícase a desfacer o traballo ornamental que fan os donos das tumbas en lembranza dos seus mortos. Isto, segundo o cura, non é algo illado e vai máis alá das preparacións polo Día de Defuntos.

"Levamos bastante tempo en que desaparecen as flores que a xente leva para os defuntos no cemiterio. Logo tamén hai roubos das xardineiras, que non é tanto o valor económico que poida supoñer senón tamén nunha realidade tan sensible como son os defuntos, os cemiterios e que a xente se encontre unha e outra vez, porque nalgúns casos isto é repetido", di José Carlos Mato Tosar, párroco de Mugardos.

Explica o sacerdote que son os veciños prexudicados quen lles comunican estes feitos. Pregúntamoslle pola finalidade que terían esas flores e recipientes que as conteñen e que interese poderían ter os autores.

"Desaparecen as flores. Non sei que farán con elas o se só é para facer dano, o mesmo que as xardineiras. Poden ser moitas as posibilidades que se dean, pero vaia, a cuestión é, sobre todo, a sentimental, nun tema tan sensible como son os cemiterios".

O sacerdote confía en que os autores cesen na súa acción, o mesmo que fixeron quen aproveitaban o terreo da contorna do cemiterio para depositar restos de materias de obras. Iso si, neste caso deixaron de facelo ante os requerimentos administrativos.

Noticias web

10/03/2020