CRTVG

Buscar

Rouban dúas furgonetas do pan no mesmo día, unha en Boiro e outra na Pobra do Caramiñal

Publicado o 28/02/2020 13:57

Dúas panaderías de Boiro e A Pobra tiveron onte algún que outro problema para entregar os pedidos porque lles roubaron cadansúa furgoneta de reparto. A primeira roubáronlla ao panadeiro de Escarabote ao deixar o coche co motor en marcha mentres entregaba o pan mun domicilio. O delincuente abandonouna despois na Pobra ao quedar sen combustible, e colleu o coche doutro panadeiro, que xa foi recuperado tamén. O presunto ladrón, un veciño de Boiro que xa foi detido.

David é repartidor da panadería Amañecida, de Escarabote, en Boiro. Anda ás carreiras cada día para entregar os pedidos a tempo, pero onte as présas e o exceso de confianza xogáronlle unha mala pasada.

A furgoneta apareceu abandonada horas despois nas inmediacións do tanatorio da Pobra. Alí o delicuente levoulle o vehículo a outro panadeiro.

Malia que non lle roubaron nada, David perdeu o día de traballo. Moitos clientes quedaron sen pan, pero asegura que foron comprensivos.

O panadeiro da Pobra tamén recuperou onte á tarde a furgoneta e esta mañá a Garda Civil de Boiro detivo o presunto autor dos furtos que é un coñecido delincuente da localidade. No mesmo día cometeu outros 3 intentos de roubo con intimidación. Quixo roubarlle o coche a seu pai, e intentou atracar unha taxista de Ribeira que se resistiu e logrou que fuxira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2020