CRTVG

Buscar

Rouban chourizos e costela de porco nunha empresa do Carballiño

Publicado o 18/12/2019 14:44

A Garda Civil busca tamén os autores dun roubo nunha empresa cárnica do Carballiño. Os ladróns marcharon con 350 quilos de chourizos e 40 quilos de costela de porco. Accederon ás instalacións forzando unha fiestra da zona onde teñen o fumeiro.

O valor do subtraído supera os 3.000 euros, segundo os responsables da empresa. As forzas de seguridade sospeitan que pode tratarse de alguén da zona que coñecía as instalacións e sabía que non había ninguén dentro. 

Noticias web

18/12/2019