CRTVG

Buscar

Rouban animais domésticos e ferramenta nunha casa de Outeiro de Rei

Publicado o 24/10/2019 13:47

Esta casa da parroquia de Sobrada de Aguiar, en Outeiro de Rei, foi asaltada. Os ladróns subtraeron todo o que atoparon de valor na propiedade. Levaron todos os animais domésticos que había no curral, un total de dezaseis galiñas poñedoras e galos, e mais a ferramentas que estaban gardadas en dous alpendres.

Segundo os denunciantes, a contía do botín supera os mil euros. O acontecido suscitou a sorpresa e a preocupación dos veciños, que aseguran que nunca antes se produciran feitos coma estes na zona.

"Calquera día poden vir por aquí e pasarnos igual a nós. Iso preocupa a todo o mundo, que veñan para roubar, aínda que só sexan unhas galiñas ou ferramenta, porque se encontran outra cousa tamén a rouban".

"Nunca pasou nada. Sempre foi a parroquia moi honrada. Sería alguén de fóra. Devolver, non llas van devolver".

Para se faceren coas ferramentas, os ladróns forzaron as instalacións da propiedade. A Garda Civil trata agora de identificar os autores destes feitos.

Noticias web

24/10/2019