Rouban a placa de bronce dun comercio na plaza compostelá do Toural
Publicado o 12/11/2020 14:48
Dende hai 30 anos, unha placa decoraba a entrada do comercio confeccións Riande, situado na praza compostelá do Toural.
Aproveitando o toque de queda e a ausencia de xente polas rúas, unha ou varias persoas, aínda sen identificar arrincaron da entrada a lousa que rememoraba a data da inauguración deste pequeno comercio familiar.
Ao valor material suma Jorge, o propietario, a pena polo valor sentimental que tiña para el.
Aínda que parece que este non foi o único roubo deste tipo. Nas últimas semanas, diferentes establecementos sufriron o furto das súas placas e carteis.
Neste caso Jorge conta cunha réplica da placa, pero de momento négase a volver a poñela para evitar outro posible roubo.