CRTVG

Buscar

Rouban 6.000 euros en efectivo e xoias por valor de 25.000 nunha casa no Carballiño

Publicado o 21/02/2019 16:50

Aconteceu entre o un e o catro deste mes, segundo a investigación da Garda Civil. Os ladróns entraban forzando unha das ventás da fachada principal da casa situada no número 26 da avenida do Parque, no Carballiño.

Unha vez no interior, fixéronse con seis mil euros en efectivo e con xoias do propietario por valor de 25.000 euros, entre as cales había aneis, cadeas, reloxos e pulseiras de ouro. No momento dos feitos, o afectado atopábase de viaxe en México, onde reside de maneira habitual. Non foi ata o luns cando volveu de viaxe e viu o interior da casa completamente revolto cando se percatou do acontecido e denunciou os feitos ante a Garda Civil.

Arestora segue aberta a investigación. A Garda Civil de Ourense está a traballar intentando recabar pegadas e imaxes das cámaras da contorna, ademais de activar os controis nas casas de compra e venda de ouro. Este é o segundo roubo con características similares en pouco tempo, o anterior, nunha urbanización no Pereiro de Aguiar.

 

Noticias web

21/02/2019