CRTVG

Buscar

Rosario de desercións en Podemos desde a súa fundación

Publicado o 13/02/2020 12:42

Juan Carlos Monedero foi o primeiro dos líderes de Podemos que abandonou o barco, apenas un ano despois da fundación do partido, na primavera de 2014. Monedero recriminoulle daquela a Pablo Iglesias que lle volvese as costas en tan pouco tempo ao espírito orixinal de Podemos, marcado polo movemento 15-M.

Pero sen dúbida o divorcio máis soado foi o protagonizado entre Iglesias e Íñigo Errejón, que en febreiro de 2017 perdeu o pulso co secretario xeral e Podemos se mantivo máis á esquerda do que pretendía o actual deputado por Más País. Errejón acabou atraendo ao seu novo proxecto outros fundadores de Podemos como Luis Alegre ou a galega Carolina Bescansa, que tamén se distanciaron de Iglesias.

Tamén houbo rupturas en clave rexional como a de agora en Andalucía. Ramón Espinar e Lorena Ruiz Huerta renunciaron en Madrid, mentres Xavier Domenech e Albano Dante Fachín tampouco se entenderon con Iglesias desde Cataluña.

Noticias web

13/02/2020