CRTVG

Buscar

Rosa Quintana: "Hai que ser capaces de convencer os EUA de que é necesario seguir mantendo estes vínculos comerciais"

Publicado o 07/10/2019 10:17

Rosa Quintana, conselleira do Mar, participa esta mañá na reunión no Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, para analizar a situación tras o anuncio da administración Trump de establecer aranceis para produtos agropecuarios procedentes da Unión Europea.

"Pillounos a todos por sorpresa. Cremos que non se poden establecer barreiras comerciais. No caso de Galicia, son máis de 5.500 toneladas de diferentes tipos de conserva, principalmente atún, cefalópodos e tamén mexillón. Estamos falando dun importe duns 40 millóns de euros", asegura a conselleira.

Ante este panorama, Rosa Quintana di que hai que a receita ten que ser a negociación: "Pretendemos non ser pesimistas. Establecer vías de diálogo con Trump que o Goberno de España defenda os intereses da agroindustria. Nós o que entedemos é que hai que ser capaces de convencer os Estados Unidos de que é necesario seguir mantendo estes vínculos comerciais. Eu creo que é importante saber negociar, ir alí con todos os argumentos que temos".

Na reunión tamén se vai analizar a situación do sector pesqueiro ante un posible brexit duro: "Son moitísimos os intereres. En Galicia falamos de 1.700 tripulantes, máis de 150 barcos e todo o que ten que ver co mercado. Hai que adoptar medidas e estar pendentes do que decida o Reino Unido".