CRTVG

Buscar

Mª Rosa Álvarez: "Grazas ás campañas de concienciación e ao movemento feminista, a violencia machista é un problema público"

Publicado o 25/04/2019 14:45

María Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, presentou neste Bos días un programa de atención ás vítimas de violencia machista que desenvolve en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade. Álvarez Prada destacou a importancia da formación en tódolos ámbitos para rematar co machismo, que definiu como un problema social estrutural.
 
A policía solicitará o servizo de atención psicolóxica despois dunha agresión ou situación violenta
O programa de atencións ás mulleres vítimas de violencia machista é gratuíto e de atención inmediata. 

O servizo de asistencia psicolóxica ás vítimas de violencia machista funcionará durante 24 horas os 365 días do ano e está dotado con 350.000 euros. É unha das medidas da Xunta para aplicar o pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Noticias web

25/04/2019