CRTVG

Buscar

Ronald Koeman substitúe a Quique Setién como adestrador do Barcelona

Publicado o 17/08/2020 21:20
Ronald Koeman substitúe a Quique Setién como adestrador do Barcelona

Pois xa é oficial. Quique Setién deixa de ser o adestrador do Barcelona. Decidiuse despois da xunta directiva que tivo lugar esta mañá no Camp Nou e que durou algo máis de catro horas.

O substituto será o neerlandés Ronald Koeman. O Barça xa o quixera traer en xaneiro tras o non de Xavi, pero Koeman quería dirixir a súa selección na Eurocopa. A Euro cancelouse e o Barça volveu petar na porta. 25 anos despois, podería volver ao Camp Nou Ronald Koeman.

Noticias web

17/08/2020