CRTVG

Buscar

Ron responsabiliza a Saracho da quebra do Popular porque "entrou para vender o banco"

Publicado o 30/10/2019 17:54
Ron responsabiliza a Saracho da quebra do Popular porque "entrou para vender o banco"

O ex-presidente do Banco Popular Ángel Ron declarou este mércores na Audiencia Nacional que o responsable da quebra da entidade foi o seu sucesor no cargo, Emilio Saracho, que chegou á presidencia aupado polo entón conselleiro e accionista Antonio del Valle Ruiz e a tamén conselleira Reyes Calderón, coa única intención de vender o banco, segundo informan en fontes xurídicas presentes na declaración.

Ron compareceu como imputado ante o titular do Xulgado Central de Instrución número 4 da Audiencia Nacional, José Luis Calama, que lle interrogou durante preto de cinco horas sobre asuntos como a ampliación de capital acometida baixo o seu mando, a presunta orde de involucrar a accionistas minoritarios no proxecto, as taxacións dos seus activos inmobiliarios e o seu proceso de saída do banco.

Este xoves volverá comparecer para responder a Fiscalía Anticorrupción e o seu defensa.

 

Noticias web

30/10/2019