CRTVG

Buscar

Romaría tradicional en Tui cos burros fariñeiros como protagonistas

Publicado o 01/05/2019 17:21

Hainos que aínda lembran como ían cos seus pais moer o millo ata os muíños e como os burros os transportaban. Non queren que se perda esa tradición e por iso en Tui celebran a Romaría dos nosos fariñeiros, onde os burros e os muíños son os grandes protagonistas.

A xente reúnese para ir todos xuntos acompañados polos burros e outros prefiren ir polo monte. Os muíños están a pleno rendemento e a xente que nunca viu como se moía vai ver como se fai. Teñen todo perfectamente acondicionado e mesmo charlas etnográficas sobre os muíños e xogos populares. E como en toda romaría, a música e a comida non poden faltar.






 

Noticias web

01/05/2019