CRTVG

Buscar

Román Rodríguez pide a colaboración de toda a comunidade educativa mentres se ultiman os protocolos de actuación

Publicado o 08/09/2020 16:03

O conselleiro de Educación, os xefes territoriais e os inspectores de Educación ultiman os protocolos de actuación para unha volta segura ás aulas. Para Román Rodríguez é normal que haxa incerteza. Dixo que traballan contra o reloxo e que boa parte do atraso se debe á falta de liderado do Ministerio.

Cando xurdan positivos nas aulas os protocolos de actuación decidiraos o comité sanitario, estudando as peculiaridades de cada caso. O conselleiro, que se reunirá este mércores co Consello Escolar de Galicia, pediu a colaboración de toda a comunidade educativa.

Noticias web

08/09/2020