CRTVG

Buscar

Rodrigo Cuevas presenta 'Trópico de Covadonga'

Publicado o 08/10/2020 21:39

No Teatro Colón na Coruña actúa esta noite no marco do Festival de Artes Escénicas pola diversidade afectivo sexual o artista asturiano Rodrigo Cuevas. 

Un espectáculo que engloba música electrónica, humor e performance. Iso é Trópico de Covadonga, o terceiro espectáculo do artista asturiano Rodrigo Cuevas e que esgotou as entradas aquí neste concerto do Teatro Colón, dentro do Corufest.

Rodrigo Cuevas aborda o concepto dos ciclos do ano en formato de cancioneiro popular contemporáneo, sumando ás historias e cancións folclóricas, música actual.

 

 

Noticias web

08/10/2020