CRTVG

Buscar

Rodrigo Corrales volve a ser un valado na vitoria de España sobre Austria

Publicado o 18/01/2020 23:17

A selección española de balonmán segue con paso firme no europeo. Está moi preto das semifinais tras derrotar a Austria no segundo partido da segunda rolda. O galego Rodrigo Corrales foi hoxe o porteiro titular, e tivo intervencións de moito mérito, como este paradón preto do final que acabou coas aspiracións de remontada dos austríacos. Ao final, o resultado foi de 30 a 26. Cando faltan dous partidos, España lidera o seu grupo. A vindeira cita, o luns contra Bielorrusia.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2020