CRTVG

Buscar

Rocío Gondar, condenada polo asasinato de Secundino Prego, aparece morta nunha prisión de León

Publicado o 24/09/2019 21:02
Rocío Gondar, condenada polo asasinato de Secundino Prego, aparece morta nunha prisión de León

Aparece morta na súa cela do cárcere de Mansilla de las Mulas, en León, Rocío Gondar, unha das dúas mulleres condenadas polo asasinato de Secundino Prego, octoxenario de Poio ao que quedou probado que mataron a golpes cunha tixola en 2014. 

Segundo fontes próximas ao centro penitenciario Rocío Gondar, presuntamente, suicidouse na súa cela e foi atopada polos funcionarios de prisións cando tiña que acudir á quenda de ceas. Cumpría unha condena de vinte anos e medio. A outra das mulleres, tamén condenada por asasinato, permanece presa no cárcere da Lama.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019