CRTVG

Buscar

Ringleiras na praza de abastos de Compostela polas compras previas ao Nadal

Publicado o 28/11/2020 20:51

Estamos a menos dun mes para o Nadal e iso xa se nota nos mercados. Así estaba este sábado a praza de abastos de Santiago de Compostela. Había que agardar longas ringleiras para poder acceder a algunhas das naves.

Hai que respectar as limitacións de ocupación polo protocolo covid e iso fai que a compra leve algo máis de tempo do habitual. Os máis previsores achegáronse para ir mercando ou encargando os pratos estrela das festas de Nadal. E, aínda que había persoal controlando as entradas no recinto, había momentos nos que era imposible evitar as concentracións de xente nalgunhas das áreas da praza de abastos.

Noticias web

28/11/2020