CRTVG

Buscar

Ringleiras en Balaídos cando faltan dez días para o Celta-Vilarreal

Publicado o 20/03/2019 19:52

Prevese que Balaídos se encha para recibir o Vilarreal. Moitos socios comezaron a retirar hoxe as entradas gratuítas que o club puxo a súa disposición para esa xornada. Unha medida que reclamaran, entre outros, as propias peñas. Queren as bancadas repletas para apoiar o equipo nun momento delicado. Quedan dez días para esa cita.

 

Noticias web

20/03/2019