CRTVG

Buscar

Ribadumia homenaxea o sacerdote máis lonxevo da diocese de Santiago en activo

Publicado o 07/02/2019 21:49

"Os curas temos que estar informados máis que nunca". "Leo, leo moito, aínda á miña idade, teño sempre revistas, libros preto para ler e aprender".

"Estou ben de saúde, só preciso axuda para camiñar. Pero, fóra diso, non teño achaque ningún. Amais, dinme que estou moi ben de cabeza". "Antes había sermóns de hora e pico e non se queixaba ningúen, agora non podes dar sermóns de máis dun cuarto de hora".

"Intento non ser pesado". "Trato de levarlle a palabra de Deus ás persoas, pero tendo en conta os tempos de hoxe e a sociedade actual, as necesidades de agora e de cada persoa".

Se cadra, un dos curas con máis idade e con máis actividade de Galicia, e fixo, o cura de máis idade que aínda oficia de toda a diócese de Santiago. En dúas parroquias de Ribadumia aínda misa, cando lle faltan dous anos para os cen.

"Iso é imposible? Pois non".

Dos máis antigos en misar e dos primeiros en misar en lingua galega. De feito, nas Letras Galegas de 2011, os actos da xornada dedicáronllos nomeándoo, amais, fillo adoptivo de Ribadumia, porque á localidade arousá chegaba, tras o paso santiagués polo seminario, con 23 anos, para servir aquí os últimos 75, anos. E aquí volve festexar e facer 98 anos.

A Dositeo Valiñas Fernádez chégalle o tempo de que se lle recoñeza foi e é pioneiro de cada tempo. Nos do século pasado, nos anos corenta, puña andar o catecismo e grupos de acción católica; nos cincuenta, o primeiro salón parroquial do Salnés, e aínda lle quedaba temo para impulsar a escola de baile e o club de fútbol de Ribadumia, amais de, só coma exemplo de máis accións sociais, unha caixa de aforros para os agricultores no rural.

"Eu lembro cando os veciños viñan e pasaban horas de noite con el falando de futuro, de cooperativas...".

"Había épocas que non escoitaban, pero nós reclamabamos xa liberdade".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/02/2019