CRTVG

Buscar

Riazor prepárase para a estrea na liga ante o Oviedo

Publicado o 16/08/2019 19:21

Riazor prepárase para a estrea. Anquela, ex adestrador do Oviedo, avisa do que vai atopar o Deportivo o domingo: "Imos xogar un partido de segunda división, cun equipo que seguramente estará arriba durante todo o ano e no que teremos que competir dende a primeira xornada ata a última se queremos levar o resultado". 

A afección soña cun partido coma o do Teresa Herrera contra o Betis. Pola contra, Anquela desbota a comparación: "Xogar cun primeira división é sempre máis doado, a min iso non me vale. Gustaríame que o meu equipo fixese iso pero ese test para min non é fiable"

A competición chega co equipo a medio facer. Incompleto, pero unido, segundo o adestrador: "A morte con eles e se eles me din que hai que ir por ese camiño imos ir por ese camiño e se eu lles digo que hai que ir por ese camiño van ir e iso é o único que quero conseguir, que todos vaiamos cara o mesmo sitio e que sexamos un equipo consistente en todas as facetas do xogo"

Tódolos efectivos están dispoñibles e o equipo asemellarase moito ao que bateu ao Betis

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019