CRTVG

Buscar

Riazor acolle xa 35 persoas sen teito

Publicado o 23/03/2020 22:22

O Pavillón dos Deportes de Riazor acolle desde onte 35 persoas sen fogar da cidade da Coruña, que xa poden durmir neste albergue municipal.

Os que se aloxen no pavillón tamén poden asearse e comer todos os días. Tamén pasarán diariamente os controis médicos establecidos polo Sergas, que se realizarán coa colaboración de Cruz Vermella.

No caso de que haxa sospeita de contaxio, existen zonas illadas individualizadas para derivar as estas persoas no propio pavillón. E, de confirmarse un infectado por COVID-19, este sería trasladado a outro espazo habilitado polo Concello.

O obxectivo é protexer este colectivo, un dos máis vulnerables, fronte ao coronavirus, pois "o confinamento ten que ser para todos".

Policía Local, Cruz Vermella e Proteción Civil colaboran no dispositivo. O Exército tamén tomou parte; a UME revisou e desinfectou a instalacións antes de que entrara o primeiro usuario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/03/2020