CRTVG

Buscar

Rianxo entra no nivel máximo de restricións

Publicado o 22/12/2020 14:30

"Pechar, hoxe botamos o peche. Só podes atender o 50 % en terraza, non paga a pena abrir".

É a resignacion dos hostaleiros de Rianxo, a vila pasa a nivel máximo de restricións e súmase ao peche de Boiro e Ribeira. A covid continúa co seu avance imparable pola comarca da Barbanza.

"A irresponsabilidade de todos porque o virus non pasea só". "Eu vin xente de Boiro aquí sabendo que non pode saír". "É o que di el, o outro día no mercado había xente de Boiro".

Un gromo na parroquia de Taragoña disparou os casos. En 14 días rexistráronse no municipio 34 contaxios. 

"Os casos que están saíndo déronse nunha clínica en que se fixeron probas PCR e test de antíxenos". "Se temos que pasalo mal durante un mes, que non poidamos saír nin estar coa familia, é mellor que estar con isto un ou dous anos máis".

A ameaza do peche perimetral tamén roza os concellos de Porto do Son, Muros e Noia, que están baixo especial vixilancia do comité.

"Só saímos a comprar". "Tomaremos medidas para ir ao instituto". "Temos que colaborar todos, se non que vai ser isto". "Se a xente non pon máscara, non se coida, claro que van subir".

En Noia hai máis de 40 casos activos. Muros suma 24 e Porto do Son 30.

Noticias web

22/12/2020