CRTVG

Buscar

Rexistros en Poio e varios puntos do Salnés nun operativo antidroga

Publicado o 02/12/2019 11:00

Axentes da Garda Civil e da Policía Nacional están a desenvolver nestes momentos un operativo antidroga conxunto na provincia de Pontevedra.

Un dos puntos que está a centrar a actividade policial, segundo confirman a Efe fontes da investigación, é o poboado do Vao de Arriba, no municipio pontevedrés de Poio.

Baixo a autorización dun xulgado de Pontevedra, efectivos terrestres da Garda Civil, co apoio aéreo dun helicóptero, están a rexistrar varias choupanas deste asentamento.

Ademais, están a realizarse rexistros en puntos aínda sen concretar da comarca do Salnés.

Por agora descoñécese o alcance desta operación ou se se produciron detencións.

A redada do Vao, que se enmarca dentro deste operativo conxunto da Garda Civil e da Unidade de Droga e Crime Organizado (UDYCO) da Policía Nacional, comezou ás sete da mañá.

As autoridades prevén que este operativo se prolonguese durante toda a mañá.