CRTVG

Buscar

Rexístranse réplicas dos tremores da madrugada pasada en Navarra

Publicado o 01/10/2020 20:38

A noite pasada foi cando a terra empezou a tremer en Navarra. Unha serie de movementos sísmicos que se prolongaron durante todo o día de hoxe e que se sentiron en moitas localidades da comunidade autónoma. O de maior intensidade alcanzou os 4,6 graos na escala de Richter.

"Polo demais non houbo danos nas infraestruturas, non tivemos danos, non tivemos caídas da corrente eléctrica. Así pois podemos falar de que tampouco houbo vítimas de ningún tipo, relativa tranquilidade", di o voceiro da Policía Local de Iruñea-Pamplona.

Os tremores alarmaron os veciños e mesmo algúns decidiron pasar a noite fóra.

"O primeiro, sobre todo, si, e o das 2:30 tamén, un pouco menos, pero tamén un pouco máis forte ca o da 1:38".

"A verdade é que con bastante susto. O primeiro sentímolo bastante forte, quedas intranquilo...", din os veciños.

Os tremores máis fortes tamén se sentiron en zonas de Aragón e da Rioxa.

Noticias web

01/10/2020