CRTVG

Buscar

Rexístranse 8.618 casos máis dende o venres, 1.486 nas últimas horas

Publicado o 10/08/2020 19:21

Sanidade rexistra este luns 8.618 casos positivos durante a fin de semana, dos que 1.486 foron diagnostigados nas últimas 24 horas. En total, xa son 322.980 os infectados desde o comezo da pandemia.

Son os últimos datos que comunicou o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, nunha conferencia de prensa. Segundo o epidemiólogo, as comunidades con máis casos diagnosticados son Cataluña, Aragón e Andalucía.

O Ministerio incorporou preto de 8.000 casos desde a fin de semana. Dos 1.486 casos deste luns, 133 correspóndense con Andalucía, 348 en Aragón, 16 en Asturias, un en Baleares, 50 en Canarias, 29 en Cantabria, 13 en Castela-A Mancha, cinco en Castela e León, 76 en Cataluña, 29 en Comunidade Valenciana, sete en Estremadura, 46 en Galicia, 224 en Madrid, cinco en Melilla, cinco en Murcia, 146 en Navarra, 342 en País Vasco e once na Rioxa.   

Na última semana producíronse 65 mortes de persoas con proba diagnóstica de COVID-19 positiva, 38 delas en Aragón, seis en Andalucía, dúas nas  Baleares, dúas nas Canarias, dúas en Castela-A Mancha, dúas en Castela e León, dúas en Cataluña, unha na Comunidade Valenciana, unha en Estremadura, dúas en Galicia, seis en Madrid e unha en Navarra.

En total, 28.576 persoas morreron por coronavirus en España, segundo as cifras de Sanidade. No tocante a hospitalizacións, na última semana ingresaron 750 persoas en hospitais: 78 en Andalucía, 259 en Aragón, tres en Asturias, cinco en Baleares, 18 en Canarias, 16 en Cantabria, unha en Castela-A Mancha, 39 en Castela e León, 43 en Cataluña, 79 en Comunidade Valenciana, sete en Estremadura, 25 en Galicia, 119 en Madrid, tres en Melilla, 26 en Murcia, 15 en Navarra, nove no País Vasco e cinco na Rioxa. Hai 45 en unidades de coidados intensivos.