CRTVG

Buscar

Rexistran máis de 80 positivos nun centro de acollida de Málaga

Publicado o 25/06/2020 13:27
Rexistran máis de 80 positivos nun centro de acollida de Málaga

Máis de oitenta persoas deron positivo por coronavirus no foco detectado pola Consellería de Saúde da Junta de Andalucía no Centro de Acollida, Emerxencia e Derivación de Cruz Vermella en Málaga. Ningún deles está hospitalizado.

O centro de acollida en que se detectou o foco está "pechado baixo sete chaves" e custodiado polas forzas de seguridade, sinalou Patricia Navarro, delegada do Goberno andaluz nesta provincia.

"O foco está identificado, está controlado e estase facendo todo ese estudo de  trazabilidade que nos dirá ata onde puido chegar o contaxio", indicou.

De acordo coa Junta, unha "agrupación industrial" prodúcese cando os casos que se detectan proceden dun que está localizado, mentres que un brote se dá cando xorden moitos casos relacionados entre si sen saber a súa orixe. O primeiro caso da "agrupación industrial" en Málaga deu positivo o pasado domingo, e o número de contactos en estudo ascendía a cen o pasado martes.