CRTVG

Buscar

Reunión entre o Goberno e Ciudadanos para analizar novas medidas ante a covid

Publicado o 03/08/2020 14:55

Na reunión participaron a vicepresidenta Carmen Calvo, a ministra de Política Territorial e a delegación de Ciudadanos estaba encabezada polo voceiro adxunto, Edmundo Bal, que fixo novas peticións, como prolongar os ERTE no turismo, un plan coordinado dende o Goberno para o inicio do curso e que tome o control ante os gromos, en concreto en Cataluña.

A cita viña precedida dun chío de Irene Montero acusando a Ciudadanos de excluír a outra parte do Goberno, Unidas Podemos, para reunirse só con ministras socialistas. Respondeu Carmen Calvo. Di que as asistentes representaban a todo o Executivo. O voceiro de Ciudadanos negou que veten a Podemos. E sobre os presupostos dixo que non foi o tema central da reunión pero que están dispostos a sentarse a negocialos.

Esquerra criticou este achegamento e pregúntanse ata cando poderá aguantalo Unidas Podemos.

Noticias web

03/08/2020