CRTVG

Buscar

Retornan ás súas casas os evacuados polos incendios en California, que calcinaron medio millón de hectáreas

Publicado o 27/08/2020 16:38

Milleiros de evacuados polos incendios que están queimando California comezaron a retornar ás súas casas, despois de que os bombeiros acadaran importantes avances contra o lume.

A entrada de varias borrascas dende o Pacífico e a chegada de reforzos do Canadá e Australia están a axudar a controlar os incendios, aínda que se manteñen numerosas frontes activas.

Nos condados vinícolas de Napa e Sonoma os evacuados puideron retornar aos seus fogares, mentres nos centros veterinarios atenden animais queimados polas lapas.

A vaga de incendios de California calcinou medio millón de hectáreas, o equivalente a toda a provincia de Pontevedra, e xa se cobrou a vida de catro persoas.

 

Noticias web

27/08/2020